Benvidos/as ao sitio web do Concello de Santiso dende o que podedes ter acceso ao lugar onde vivimos, o cal esta enmarcado na Terra de Melide, bañado polo Ulla e os seus afluentes e habitado por xente sinxela e traballadora que fai que cada día que pasa esteamos máis orgullosos del. Este sitio está dedicado a todos eles, pero tamén a quen un día tivo que emigrar e a xente doutras partes de Galicia ou do Estado que queiran vir a coñecernos, a coñecer a nosa paisaxe, a nosa gastronomía e a nosa oferta hostaleira. Ao navegardes pola páxina poderedes ter cumprida información de todos estes aspectos e de moitos máis, e se aínda vos queda algunha dúbida, podedes dirixirvos a nós e atenderémosvos con moito gusto.
Despídome de vós desexando vervos pronto pola nosa vila, por Santiso.
Ovidio Leiva Pereiro
Alcalde do Concello de Santiso
E-mail: alcaldia@santiso.org
|