E-mail Español Galego

 



















                                    

Visantoña celebrou a festa do socio da Banda e hoxe inicia tres días de celebración por San Agustín

O Pazo de Vilar de Ferreiros acolleu un ano máis a celebración da tradicional festa do socio, na que este domingo se deron cita unhas 250 persoas que homenaxearon ao Grupo Villasenín, a empresa que actualmente rexenta como espazo hostaleiro o edificio monumental.
A Banda de Visantoña celebraba o seu 131 aniversario, e o fixo cun intenso programa de actividades que arrancou cun concerto da Asociación Cultural e Musical Solfa. O coro de nenos da Escola de Música recolleu a testemuña no Centro Parroquial, facendo un percorrido musical por diferentes culturas do mundo. A continuación foi descuberta unha placa na que figura o novo nome da entidade: Escola de Música de Visantoña Eugenio Pazos Reyes, facendo así xustiza coa persoa que durante 40 anos estivo ao fronte da Banda contribuíndo a formación de centos de músicos.
O patio do Pazo de Vilar de Ferreiros acolleu o tradicional concerto da Banda, baixo a batuta do seu director, Uxío Pazos Pintor, cun programa de música galega que foi moi aplaudido. Tras o aperitivo se celebrou a cea, na que a presidenta da Asociación Cultural da Banda Escola de Música de Visantoña, Susana Varela, entregou ao xerente do Grupo Villasenín, unha gran foto da Banda. O acto contou coa presenza do alcalde de Santiso, Ovidio Leiva, e a alcaldesa de Melide, Socorro Cea.
Festas de San Agustín
A festa continuará hoxe en Visantoña co inicio dos festexos dedicados a San Agustín, que arrancan cunha verbena amenizada polo grupo Limón. O xoves e venres haberá pasarrúas e concertos das bandas de música de Visantoña, Arca, Teo e Xove Banda de Narón. En canto a orquestras soarán París de Noia, Panorama, Olympus e Jerusalén. O día 28 haberá romaría cun gran sesión de fogos de artificio. Ademais, no campo da festa, que estará cuberto por unha carpa, haberá un pulpeiro.


http://www.lavozdegalicia.es/santiago/2008/08/27/0


Volver

Concello de Santiso © 2008
Diseñado por EDICOSMA