E-mail Español Galego

 



















                                    

ENTREVISTA | JOSÉ VALCARCE. cura párroco de Visantoña<< Eu nunca fixen distinción entre aqueles que chaman bos e malos>>

Máis de duascentas persoas renderon homenaxe no Pazo de Vilar de Ferreiros ao párroco de Visantoña pola seu apoio á cultura e á Banda de Música
Leva o apelido dun cura mítico na loita antifranquista en Galicia, o xa lendario cura das Encrobas, e aínda que non parece ter vínculo familiar ningún con el, José Valcarce, o párroco de Visantoña, si ten algo máis que evoca a figura de Moncho Valcarce: el tamén foi un traballador, un emigrante máis entre os emigrantes en Suíza, e igualmente o rodea ese sentido de pertinencia ao pobo, de ser un máis do seu pobo, do que sen dúbida ningunha é moi querido. Esta querenza quedou demostrada na homenaxe que o domingo máis de duascentas persoas lle renderon no Pazo de Vilar de Ferreiros de Visantoña con motivo da décimo oitava edición da Festa dos Socios da Asociación Cultural Banda Escola de Visantoña, un tributo pola súa traxectoria exemplar en favor da cultura e, dun xeito especial, polo seu apoio á escola de música desde a súa creación. O acto contou coa presenza da alcaldesa de Melide, Socorro Cea, unha colaboradora esencial tamén para que o libro 230 anos da historia da Banda de Música de Visantoña vira a luz.
-Leva o apelido do famoso cura das Encrobas. Supoño que mais dunha vez deberon vinculalo familiarmente.
-Si, é que a maior parte dos que levan este apelido son Valcárcel, pero eu son Valcarce, posiblemente da Vega de Valcarce.
-¿Leva moitos anos sendo párroco de San Xoán de Visantoña?
-Levo 29 anos. Vin de Madrid Pero antes estiven sete anos e medio na emigración, en Suíza, traballando cos españois emigrantes alí.
-¿Vostede era, pois, unha especie de cura obreiro?
-Non, eu non ía como cura obreiro. Como os españois tiñan dificultades de adaptación, co idioma, nós íamos para axudar niso como se fora unha parroquia de españois, facendo como de asistentes sociais e intérpretes. Despois fun voluntario a Madrid, e estiven na capital dez anos. E logo xa vin para aquí, porque aos galegos tíranos o terruño.
-Supoño que ao longo de 29 anos viviría momentos especiais, pero poucos como esta homenaxe.
-Si. Para min xa foi sorprendente a gran acollida que eu tiven cando vin para aquí. Pero eu tiven a sorte de que sempre nos entendemos moi ben. Tanto é así que chegoume a idade de xubilarme pero dáme pena. Síntome tan querido e apreciado polos veciños que mentres poida non me atrevo nin a marcharme. É máis, fai uns anos, antes de morrer o bispo anterior, ofrecéronme unhas parroquias grandes en Lugo e Monforte, pero non fun capaz de desfacerme desta xente.
-Parece que quere acabar a súa vida aquí ¿Non lle queda familia?
-Si, teño familia, pero eu a estes xa os considero a miña familia, son somo se foran a miña familia de tanto que nos apreciamos mutuamente. A min o que me gustou sempre foi sentirme amigo de todos. Eu nunca fixen distinción entre aqueles que chamaban bos e malos, eu esa distinción non a admito.
-Nin por ideas políticas nin se veñen ou non a misa.
-Non, non a admito. Houbo un señor que xa morreu o pobre, que non era practicante, fíxose meu amigo e dicía que lle gustaba como cura porque trataba igual aos que non van a misa que aos que van. Eu respecto ás persoas. O que me importa é a persoa.
-¿Qué significado ten para vostede esta homenaxe que lle tributan os veciños?
-Desde logo é un detalle de xenerosidade que non é que o mereza porque a calquera dos primeiros socios podíanllo



http://www.lavozdegalicia.es/santiago/2009/08/26/0


Volver

Concello de Santiso © 2008
Diseñado por EDICOSMA