telefono

Monumentos Civís

 

MONUMENTOS CIVÍS

PazoVilarFerreirosPazo de Vilar de Ferreiros.


De construción orixinal datada no século XV e surxida dende unha torre do homenaxe, destinada a defensa, chegamos, tras unha serie de remodelacións, a actual planta en escuadra.
 O edificio está cerrado por unha muralla con portalón de estilo barroco; ao lado do pazo se atopa unha pequena capela.
Esta construcción aparece citada por primeira vez no  ano 1485 no  testamento de Don Sueiro Gómez de Soutomaior. Dende este momento, até mediados do século XX, estivo vinculada as familias Soutomaior y Pimentel. Actualmente este pazo pertence a empresa hosteleira Ruta Xacobea, que o adica a  celebración de todo tipo de banquetes.

 

PazoLinaresPazo de Liñares.

Con planta en forma de “L”,é unha construción de feituras barrocas a cuxa parte noble se accede dende unha escaleira exterior. É reseñable o portalón da entrada e o frontón triangular que hai encima deste, e no que aparecen os escudos de armas dos propietarios do pazo.

 

 

 

 

 

pazoPenaPazo da Pena.

Construción do século XVIII de planta rectangular. Conta con un palomar de planta circular e con un hórreo que descansa en seis pilares de pedra.
Actualmente está adicado ao turismo rural.

 

 

Casa Reboredo

Construción del siglo XVII de planta rectangular disposta en dúas alturas, excepto na parte engadida posteriormente que conta con tres.

Cultura

Deporte