telefono

Monumentos Relixiosos

 

 

barrazonIgrexa de Santa María de Barazón.

De estilo barroco clasicista, data do ano 1891. É un edificio de planta rectangular formado por tres naves, o  presbiterio e a sacristía. Conta con un retablo neogótico no que aparece representada Santa María.

 

 

 

SantaMariaSantisoIgrexa de Santa María de Santiso

De planta rectangular e estilo barroco, destaca nela o retablo que preside o altar maior, de estilo neoclásico e con unha policromía que imita ao mármore.

 

 

 

 

SanXoanVisantonaIglexa de San Xoán de Visantoña

Edificio de planta rectangular e estilo barroco clasicista; conta con dous pequenos corpos engadidos aos muros da nave que cumpren as funcións de pequenas capelas. E interesante o retablo do altar maior composto por elementos neoclásicos.

 

 

ErmitaSantaCruzErmita da Santa Cruz

Orixinalmente é un edificio do século XVIII pero que foi reconstruído a finais do século XIX; está situado cerca da casa consistorial.
 Conservanse da antiga igrexa a imaxe da Dorosa e de San Xoán, que acompañan ao cristo crucificado.

 

 

SantaMariaVimianzoIgrexa de Santa María de Vimianzo

De planta rectangular de unha soa nave e estilo barroco. De escasa ornamentación e co chan de granito. Pódese subliñar como un elemento singular a pila bautismal que conta cos balaústres de madeira tallada.

 

 

 

SanPedroSanRomanIgrexa de San Pedro de San Román

Construcción que data do século XX e que substitue a outra anterior románica. Cabe subliñar a presencia dun retablo situado no altar maior, policromo e que trata de imitar ao mármore.

 

 

 

SamPedroBelmilIgrexa de San Pedro de Belmil

Edificación de planta rectangular. A fachada conta con unha serie de elementos identificables co estilo barroco, ao que pertence esta igrexa. Destaca o seu retablo que se atopa no  altar maior e que conta con elementos neoclásicos.

 

 

SanCosmeBeigondoIgrexa de San Cosme de Beigondo

De estilo barroco e planta rectangular con nave única, presbiterio e pequena sacristía. No  presbiterio está situado un retablo neoclásico.

 

 

 

 

SanEstevoPezobresIgrexa de San Estevo de Pezobrés
De estilo románico (século XII) pero con modificacións feitas no  século XIX. Presenta un interesante altar maior que conta con elementos neogóticos ao que acompaña outro, con elementos neoclásicos, situado no  muro setentrional. Tamén é interesante un fragmento do estilo barroco localizado no muro meridional da nave.

 

SanPaioMonodaguiaIgrexa de San Paio de Niñodaguia

Edificio do século XIX de planta rectangular con unha única nave, presbiterio e sacristía separada do ábside por medio dun muro. O retablo ten ornamentación neogótica.

 

 

 

SantiagoLinaresIgrexa de Santiago de Liñares

Datada no  ano 1792, de estilo barroco e planta rectangular.
Destaca nela o retablo barroco situado no altar maior, policromado, e nel que aparecen representados unha serie de escudos nobiliarios.

 

 

SanCristoboPezobreIgrexa de San Cristovo de Pezobre

De estilo barroco clasicista e con planta rectangular. Dispon dun retablo, de trazas barrocas, situado no altar maior.

 

 

 

 

SantaOlaiaRairizIgrexa de Santa Olaia de Rairiz

De escasa ornamentación. É unha construcción de planta rectangular na que se sitúan unha única nave e presbiterio.

 

 

 

 

 

 

SanXurxoMourazosIgrexa de San Xurxo de Mourazos

De estrutura rectangular, coa sacristía pegada a o seu muro setentrional. Destaca o retablo do altar maior, polícromo e datado no barroco final.

 

 

 

 

SantaOlaiaSerantesIgrexa de Santa Olaia de Serantes

De planta rectangular, cunha única nave, presbiterio e sacristía situada detrás do anterior. Conta con pouca ornamentación, pero sobresae o retablo do altar maior, de estilo neoclásico.

 

 

 

SantaMariaNovelaIgrexa de Santa María de Novela

Edificio de estilo ecléctico clasicista reformado no  século XIX sobre una base románica de principios do século XII.

 

 

 

 

 

 

 

Cultura

Deporte