telefono
Turismo Rural en Santiso
Disfruta dunha ampla variedade de casas rurais cun encanto especial.
A Nosa Natureza...
Contactar coa natureza de Santiso farate sentir ben.
Que ver e que facer.
Fervenzas, ríos, regatos, bosques, camiños...
Ríos
Ríos navegables
Arquitectura
Monumentos civís e relixiosos
BASES CONVOCATORIA SOCORRISTA PARA O CONCELLO DE SANTISO.

Adxunto no enlace pódense ver as Bases da Convocatoria dunha praza de Socorrista para o Concello de Santiso, dentro do Plan Fomento de Emprego da Xunta 2017.

Attachments:
Download this file (SOCORRISTA XUNTA.pdf)SOCORRISTA XUNTA.pdf154 kB
CAMPAMENTO DEPORTIVO DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA 2017.

Aberto o prazo para inscribirse no sorteo das dúas prazas que ten o Concello de Santiso para Campamento Deportivo de verán da Deputación da Coruña. Dende hoxe até o día 15 de Xuño podedes dar rexistro no Concello do tríptico que se adxunta enlazado. A selección dos nen@s farase mediante sorteo das inscripción rexistradas. Máis información no cartel, no Concello ou no número: 981.80.85.01. 

Attachments:
Download this file (Triptico_campamentos_2017.pdf)Triptico_campamentos_2017.pdf117 kB
CONVOCATORIA SELECCIÓN PERSOAL LABORAL TEMPORAL: TÉCNICO DE TURISMO 2017.

POSTO: 1 técnico de turismo
xornada: 25 horas semanais.
DURACIÓN: determinada de 6 meses (inicialmente do 21-6 a 20-12-2017).
SALARIO (bruto, incluídos todos os conceptos como prorrateo de pagas extras, etc.): 909,14 €/mes
PROCESO SELECTIVO: concurso-oposición, de acordo coas bases aprobadas por resolución da Alcaldía do 2-6-2017, estando a disposición do público nas dependencias municipais (teléf. 981 - 818 501)..
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS: 10 días naturais (dende o 6 ao 15 de xuño de 2017), en horario de atención ao público de 9 a 3.
RECURSOS: contra as bases poderán interpoñerse o recurso de reposición (1 mes) e o contencioso-administrativo (2 meses).

Attachments:
Download this file (Técnico Turismo.pdf)Técnico Turismo.pdf128 kB
ANDAINA POLO ROTEIRO DE VISANTOÑA NO GOZA DO ULLA.

Este sábado, ás 10 da mañá, dará comezo unha andaina polo roteiro de Visantoña enmarcado no programa "Goza do Ulla". Esta andaina comeza e remata no Pazo de Vilar de Ferreiros.

Máis información no link: http://senderismo.santiso.org/

 

 

 

 

E coa colaboración de GADIS:

 

CLAUSURA DAS ACTIVIDADES DEPORTIVAS E CULTURAIS DE SANTISO 2017.

Premendo no seguinte link poderedes disfrutar do Mannequin Challenge que fixemos como colofón ás actividades deportivas e culturais que o Concello levou a cabo ao longo dese curso e das fotos da festa cos nenos e nenas do colexio:

Mannequin:

https://drive.google.com/open?id=0B3oolgrK-tEUc0dScy1RSjR0TXM

Fotos:

https://drive.google.com/open?id=0B3oolgrK-tEUQTJhaC00Q3NoSDg

 

 

Cultura